Bos días clase,
Xa superásedes o reto de hoxe?
Hoxe vamos ter unha clase un pouco especial, vamos empezar a clase con un conto.
Tras visualizar o conto xa sabedes que vamos traballar hoxe?
Traballaremos a
motricidade fina, a atención,… aprendendo a atar os cordóns dos zapatos!, envíovos
uns titoriais que vos explican dúas maneiras de atar cordóns diferentes, pero en
internet podedes encontrar moitos máis, eu xa estou a practicar unha delas, como nos
explican no conto podedes pedir axuda e seguro que hai unha maneira que non coñece
a persoa que vos acompañe neste aprendizaxe (é recomendable que para explicarvos se coloque o voso lado ou detrás de vos, sempre será máis sinxelo así que en espello), cando volvamos o cole teredes que
contarme cal das dúas formas vos resultou máis sinxela e o rápidos e rápidas que
sodes.
1. En este titorial pode resultar complicado o inicio do nó, pedídelle a un maior que
vos preste axuda.
2. Como atar os cordóns con orellas de coello.
Podedes realizar si queredes un patrón de práctica como se ve nos titoriais, ou amarrar
todos os cordóns que encontredes pola casa para practicar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Saltamos a corda

-
Bos días clase, Xa superásedes o reto de hoxe? Hoxe vamos ter unha clase un pouco especial, vamos empezar a clase con un conto. Tras...
-
Bos días nenos e nenas, hoxe cúmprense 2 semanas de encerro na casa, dúas semanas nas que todos e todas estades demostrando o for...
-
Vamos a practicar o aprendido nesta UD.
Ningún comentario:
Publicar un comentario