Amosando publicacións coa etiqueta 5 primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5 primaria. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Bailamos!!!!!


Estamos chegando ao remate da semana, e con ela chega o remate do curso 2019/20.

Hoxe vamos recordar dúas cancións que puxen en entradas anteriores, que van dedicadas para todo o alumnado do CEP Sequelo e con unha especial mención aos nenos e nenas de primeiro e de segundo, espero que vos gusten.



Rematamos este último xoves de primavera con un pouco de ritmo e bailando!!!
Bitmoji Image



#euquedonacasa
#euficonacasa


martes, 31 de marzo de 2020

Escape room

Olaaaa!!!

Que emoción!!!!, rematei agora mesmo esta actividade de Escape Room e non podía esperar ata mañá para ensinárvola, espero que vos guste e que vos axuden na casa, xa que algunha proba precisa varios ollos para saír ben, xa me contaredes se podemos poñer algunha máis ou non queredes repetir a experiencia.



Se precisades algunha axuda non dudedes en enviarme un correo, esterei agardando.

sábado, 28 de marzo de 2020

Sodes os/as mellores, un aplauso por todas as nenas e nenos.




Bos días nenos e nenas, 
hoxe cúmprense 2 semanas de encerro na casa, dúas semanas nas que todos e todas estades demostrando o fortes que sodes e o poder que tedes, por iso hoxe ás 18:00 horas o aplauso vai a ser para todas e todos vos, porque non só os/as que están no hospital, nas ambulancias, no supermercado, na farmacia, nas rúas vixiando que non salgamos en exceso, os/as  investigadores,… están traballando en contra desta pandemia , todas e todos os que estamos nas nosas casas con gañas de saír pero sabendo que non debemos tamén formamos parte da cura, porque creemos e creedes que isto vai a ser positivo, que se encontrará unha vacina, que os investigadores lograrán coñecer mellor este virus que non só por perigoso senón tamén por descoñecemento sobre el nos está a gañar unha guerra, todos e todas sodes importantes, si non nos poñemos enfermos e non contaxiamos somos unha barreira para esta enfermidade, uns pequenos soldados que sen sabelo salvaredes moitas vidas, moito ánimo para estes días que nos quedan na casa, sodes uns e unhas grandes guerreiras e guerreiros!!!!

martes, 24 de marzo de 2020

A polo 20!

A polo 20!

Para xogar hoxe ides precisar un dado, lapis, papel e algúns outros obxectos que dependerán do reto.

O obxectivo é conseguir 20 puntos, para logralos debes lanzar o dado e dependendo do número que che corresponda terás que superar o reto para poder anotar tantos puntos como puntiños teña o dado, pode ser de un só xogador ou de cen.



Como podes ver fixen o xogo en papel e con rotuladores de cores, anímote a que modifiques, mellores, inventes, decores,… os retos que che propoño e mos envíes a profetamaraef@gmail.com, poderemos publicar novos retos cada día, colgarei todos os que me enviedes, poden ser feitos a man ou a ordenador, con retos de actividade física, de trabalinguas, musicais,… seredes os/as creadores/as.

 Saltamos a corda