Amosando publicacións coa etiqueta 6 primaria b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6 primaria b>. Amosar todas as publicacións
luns, 1 de abril de 2024
xoves, 18 de xuño de 2020
Bailamos!!!!!
Estamos
chegando ao remate da semana, e con ela chega o remate do curso 2019/20.
Hoxe
vamos recordar dúas cancións que puxen en entradas anteriores, que van
dedicadas para todo o alumnado do CEP Sequelo e con unha especial mención aos
nenos e nenas de primeiro e de segundo, espero que vos gusten.
Rematamos este último xoves de primavera con un pouco de ritmo e bailando!!!
#euquedonacasa
#euficonacasa
martes, 31 de marzo de 2020
Escape room
Olaaaa!!!
Que emoción!!!!, rematei agora
mesmo esta actividade de Escape Room e non podía esperar ata mañá para ensinárvola,
espero que vos guste e que vos axuden na casa, xa que algunha proba precisa
varios ollos para saír ben, xa me contaredes se podemos poñer algunha máis ou non queredes repetir a experiencia.
Se precisades algunha axuda non dudedes en enviarme un correo, esterei agardando.
sábado, 28 de marzo de 2020
Sodes os/as mellores, un aplauso por todas as nenas e nenos.
Bos días nenos e
nenas,
hoxe cúmprense 2 semanas de encerro na casa, dúas semanas nas que todos
e todas estades demostrando o fortes que sodes e o poder que tedes, por iso
hoxe ás 18:00 horas o aplauso vai a ser para todas e todos vos, porque non só os/as
que están no hospital, nas ambulancias, no supermercado, na farmacia, nas rúas
vixiando que non salgamos en exceso, os/as investigadores,… están traballando en contra
desta pandemia , todas e todos os que estamos nas nosas casas con gañas de saír
pero sabendo que non debemos tamén formamos parte da cura, porque creemos e
creedes que isto vai a ser positivo, que se encontrará unha vacina, que os
investigadores lograrán coñecer mellor este virus que non só por perigoso senón
tamén por descoñecemento sobre el nos está a gañar unha guerra, todos e todas
sodes importantes, si non nos poñemos enfermos e non contaxiamos somos unha
barreira para esta enfermidade, uns pequenos soldados que sen sabelo salvaredes
moitas vidas, moito ánimo para estes días que nos quedan na casa, sodes uns e
unhas grandes guerreiras e guerreiros!!!!
martes, 24 de marzo de 2020
A polo 20!
A polo 20!
Para xogar hoxe ides precisar un dado, lapis, papel e algúns outros obxectos que dependerán do reto.
O obxectivo é conseguir 20 puntos, para logralos debes lanzar o dado e dependendo do número que che corresponda terás que superar o reto para poder anotar tantos puntos como puntiños teña o dado, pode ser de un só xogador ou de cen.
Como podes ver fixen o xogo en papel e con rotuladores de cores, anímote a que modifiques, mellores, inventes, decores,… os retos que che propoño e mos envíes a profetamaraef@gmail.com, poderemos publicar novos retos cada día, colgarei todos os que me enviedes, poden ser feitos a man ou a ordenador, con retos de actividade física, de trabalinguas, musicais,… seredes os/as creadores/as.
sábado, 21 de marzo de 2020
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Saltamos a corda

-
"XOGOS E XOGUETES" é unha recompilación de xogos e xoguetes tradicionais e populares, esperamos que vos guste!!!
-
21 de marzo Hoxe 21 de marzo conmemoramos entre un montón de cousas o Día Mundial da Síndrome de Down , volvemos a sumarnos á iniciativa in...