xoves, 4 de febreiro de 2021

Gomas!!!

 Estamos a traballar as cancións de gomas vamos mostrar a máis sinxela que temos para esta semana, ánimo!!!

Seguiremos traballando este tipo de cancións, xa sabedes, so precisades unha goma de uns catro metros como mínimo e dous amigos ou amigas para que a suxeiten, podemos substituir os compañeiros e compañeiras por dúas cadeiras ou calquera outro obxecto que nos suxeite a goma. 
A dificultade das cancións xa sabedes que irán en aumento.


martes, 2 de febreiro de 2021

Preparamos unha nova actividade para o entroido!!!

Quedan poucos días para o entroido, propóño unha coreografía sinxela,  para que nos quede unha actividade tan chula como a do día da Paz.

Comezamos?


Espero que vos guste moito!!!

mércores, 9 de decembro de 2020

Preparámonos para Jerusalema!!!

 Xa estamos a traballar a nosa nova canción de Jerusalema, o complicado está nos xiros, pero pouco a pouco vamos conseguindo que saia!!!!, deixovos aquí un titorial para que poidades practicar na fin de semana.



Como podedes ver no vídeo, todavía nos faltan algúns pasos por meter, pero seguro que o conseguiremos!!!!! para poder facer un flashmob!!!!!!



mércores, 2 de decembro de 2020

Esta semana vamos comenzar una nova actividade!!!

Deixovos un pequeno adianto do que vamos a traballar na próxima sesión, espero que vos guste, veñades animados e animadas para este novo reto.







mércores, 24 de xuño de 2020

Xogos e xoguetes

"XOGOS E XOGUETES" é unha recompilación de xogos e xoguetes tradicionais e populares, esperamos que vos guste!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

Bailamos!!!!!


Estamos chegando ao remate da semana, e con ela chega o remate do curso 2019/20.

Hoxe vamos recordar dúas cancións que puxen en entradas anteriores, que van dedicadas para todo o alumnado do CEP Sequelo e con unha especial mención aos nenos e nenas de primeiro e de segundo, espero que vos gusten.



Rematamos este último xoves de primavera con un pouco de ritmo e bailando!!!
Bitmoji Image



#euquedonacasa
#euficonacasa


martes, 31 de marzo de 2020

Escape room

Olaaaa!!!

Que emoción!!!!, rematei agora mesmo esta actividade de Escape Room e non podía esperar ata mañá para ensinárvola, espero que vos guste e que vos axuden na casa, xa que algunha proba precisa varios ollos para saír ben, xa me contaredes se podemos poñer algunha máis ou non queredes repetir a experiencia.



Se precisades algunha axuda non dudedes en enviarme un correo, esterei agardando.

 Saltamos a corda